voluntariado

TI PODES FORMAR PARTE DO NOSO PROXECTO, FAITE VOLUNTARIO DO MARATÓN!

Dende o primeiro momento no que decidimos por en marcha o Maratón do Miño, os membros da Fundación CEO tivemos claro que queriamos que este fose un evento feito de cara á cidade, pensado para que todos os ourensáns puidesen gozar e participar nel, é dicir, unha festa deportiva á que todos estivesen invitados.

Por ese motivo, dende aquí queremos dar a oportunidade a todos de integrarvos no noso proxecto e de ser parte dun acontecemento que queremos que funcione a base de ilusión e de compañeirismo.

Fotos Voluntarios Avituallamiento

Se queres vivir de preto unha xornada chea de emoción e solidariedade, apúntate ao voluntariado do Maratón do Miño, colabora co noso equipo e axúdanos a facer do Maratón do Miño un gran día para o deporte en Ourense

Solicita información no teléfono 988391110 (preguntar por Fina Martínez) ou no mail maraton@ceo.es, ou a través desta páxina e porémonos en contacto contigo para informarte máis detidamente de todos os pormenores.

GRAZAS por colaborar.

Fotos Voluntarios
  Fotos Voluntarios

 

 www.joeldealmeida.es  www.ceo.es