significado da
          imaxe corporativa

Puente milenio

Na escolla da identidade corporativa buscouse comunicar elixindo o menor número de elementos gráficos pero que recollera os conceptos da Ponte Romana (representativa da Cidade de Ourense) os empresarios e a familia (o relevo xeracional fundamentalmente); estes significados, xunto á orixinalidade e a harmonía visual foron os obxectivos pretendidos para a imaxe.

 

 

A Ponte Romana é o elemento identificador da cidade de Ourense e serve de base para as figuras humanas que soporta. A partir do arco máis grande constitúese a figura que representa ao empresario, co cartafol na man; o arco menor é o sustento para unha segunda figura que sostén a chama olímpica , símbolo do maratón, ademais ao ser este arco máis pequeno intúese un neno que en conxunto co empresario representa á familia – a empresa familiar – por extensión.

Todo dentro da icona ten un significado: o movemento dos brazos índica alegría, emoción, o percorrido da auga, a liña que a simula é o traxecto do maratón; o dourado podería asociarse a historia de Ourense polo ouro, e o amarelo simboliza a luz do sol, a motivación constante e a ilusión de seguir adiante saíndo con éxito e tesón das dificultades e superándose no día a día.

En xeral reflicte unha imaxe dinámica, que estimula a actividade mental con cores cálidas que exalta o entusiasmo e a felicidade, e que simboliza a verdadeira filosofía pola que nacía esta actividade deportivo empresarial: deporte e empresa da man.

 

 



 www.joeldealmeida.es  www.ceo.es