A súa historia
A idea inicial foi instituír unha competencia de nivel internacional, unha CARREIRA-ANDAINA que servise como elemento para que os atletas do mundo descubriran e gozaran as belezas da cidade de Ourense e ao mesmo tempo poñer en valor aspectos propios desta disciplina deportiva atlética, que debido á súa duración, tanto en distancia coma en tempo, esixe ao maratoniano, preparación, constancia ou esforzos, que encaixan perfectamente cos parámetros do perfil dun empresario, obxectivo da iniciativa.

Así con esta iniciativa a Fundación CEO co respaldo do goberno da cidade e unha importante cantidade de colaboradores, pretenden ademais sensibilizar a toda sociedade da importancia que ten a figura do empresario e demostrar o positivo de percorrer camiños de futuro xuntos.
Para as empresas o deporte, en xeral, pode ser unha ferramenta máis para fomentar o compañeirismo e o esforzo en común e o maratón, en particular, é unha disciplina deportiva que debido ás súas características esixe unha preparación de fondo que encaixa perfectamente cos parámetros do perfil dun empresario.

Unha oportunidade única ademais para proporcionarlle á xente que conforma as nosas empresas, así como aos deportistas e afeccionados en xeral de todas as comunidades ou países veciños, a oportunidade de ver e coñecer Ourense dende outra perspectiva, percorrendo a pé moitos dos seus cantos máis fermosos.

Coas mesmas metas e coa mesma ilusión coa que o comité organizador desta actividade deportiva a iniciou, fagamos xuntos este quinto maratón: o V MARATÓN DO MIÑO.
   


 www.joeldealmeida.es  www.ceo.es