alejandro blanco - Presidente comité olímpico español

"Compráceme enormemente que Ourense, a miña cidade natal, se lanzara a celebrar un Maratón polo Miño, e que ademais esta iniciativa, xurdida no seo da Fundación CEO para el Desarrollo Empresarial (A Fundación CEO co Deporte) e a Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense, conte tamén co respaldo das institucións publicas.

Sempre dixen que non hai mellor xeito de facer país que a través do deporte. E este acto deportivo que percorrerá de novo as rúas da cidade cumpre a dobre función de facer promoción do deporte en todas as ordes sociais e unir a todo o tecido social ourensán nun proxecto común.

Estou seguro de que o maratón fará, cada ano, da cidade de Ourense unha grande festa do deporte para todos: homes e mulleres, nenos e maiores tomarán as rúas para demostrar ca súa activa participación que non só se trata dunha manifestación deportiva, senón que reflicte o desexo de toda unha sociedade de tomar parte nun proxecto conxunto.

Por iso dende estas liñas, como ourensán e deportista, animo a todos a participar de xeito activo ou animando e alentando aos atletas. Sinto envexa xa, de cantos tomarán parte na carreira, nese IV MARATÓN DO MIÑO, xa que o belísimo percorrido pola cidade antiga e polo circuíto do Miño anima á súa contemplación. Sexa como for vaia a miña máis sinceira felicitación a todos.

Quero igualmente resaltar a comuñón que houbo entre a iniciativa privada e os órganos públicos das diferentes administracións públicas para poñer en marcha a IV edición. O que vén a demostrar, unha vez máis, a forza do deporte para unir as persoas e as institucións.


Só co esforzo de todos podemos conseguir que este Maratón do Miño se convirta en cita anual tradicional e nun atractivo máis para que o visitante coñeza e goce da hospitalidade da nosa cidade".
 www.joeldealmeida.es  www.ceo.es